ESTA SEMANA POR FIN SAÍMOS DE EXCURSIÓN!!! 😍 AO CAFÉ MODERNO. SAÍMOS DO COLE, MONTÁMONOS NO AUTOBÚS E DESPOÍS FUMOS ANDANDO ATA QUE CHEGAMOS A UNHAS ESCALEIRAS DE CARACOL QUE ENCANTÁRONOS!😍.
AO CHEGAR FUMOS A VER A EXPOSICIÓN QUE TRATABA SOBRE A ARTE E AS EMOCIÓNS. A PRIMEIRA OBRA QUE VIMOS FOI O CORAZÓN PERO ESTE ESTABA TRISTE E TIVEMOS QUE FACER DE EXPERTOS EN EMOCIÓNS E ATOPAR OS CADROS QUE LLES SOBRABA ALEGRÍA.
CANDO OS ATOPAMOS COLLIMOS UNHA XERINGA E QUITÁMOSLLES UNHA POUCA PARA COMPARTIR CO CORAZÓN E OUTRAS OBRAS QUE PRECISABAN DELA.
MIRADE QUE ATENTOS ESTABAMOS E QUE BONITA FOI A EXPERIENCIA!!!😍😍😍
DESPOIS LEVÁRONNOS A VER UN CADRO DE BRANCANEVES
ELA, DEIXOUNOS NO MOBIL UNHA MENSAXE SOBRE O COIDADO DO PLANETA. ESCOITADE!!!👂 (CLICADE DEBAIXO DESTA FOTO)
O ARTISTA PUXO ESTE TEXTO AO LADO
FIXÁMONOS NEL MÁIS DE PRETO...
DESPOIS DE ESCOITAR ISTO, LEVÁRONNOS PARA FACER UN OBRADOIRO. POLO CAMIÑO, PARA CHEGAR A SALA. ATOPÁMONOS COS MÚSICOS QUE ESTÁN NA PRAZA DE SAN XOSÉ, UNHA DAS QUE TRABALLAMOS NO ENTROIDO.
PUXÉMONOS MOI CONTENTOS E CONTENTAS PORQUE A COÑECÍAMOS😃
CHEGAMOS A SALA DO OBRADOIRO E ESTIVEMOS PINTANDO OS BICHOS DO CADRO QUE COÑECÍAMOS TODOS E TODAS!!! O MONITOR PÚXONOS UN XOGO ONDE UNHA MARIQUIÑA ANDABA E NÓS DIRIXÍAMOLA POLA PARTE DA ESPONXA
No hay comentarios:
Publicar un comentario