jueves, 23 de noviembre de 2023

INICIAMOS PROXECTO! MOCHILEIRAS/OS VIAXEIROS😍

FAI UNHAS SEMANAS AS NOSAS MASCOTAS DEIXÁRONNOS UNHAS CARTAS MOI ESPECIAIS....

UNHAS CARTAS NAS QUE NOS CONTABAN ÁS SÚAS VIAXES POLO MUNDO DURANTE ESTE VERÁN.. TANTA ENVIDIA NOS DERON QUE DECIDIMOS QUE NOS TAMÉN QUERIAMOS COÑECER O MUNDO! OS SEUS CONTINENTES, OS SEUS PAÍSES... E CON ISO AS SÚAS PAISAXES, IDIOMAS, MONUMENTOS, BAILES E COMIDAS TÍPICAS... E UN SINFÍN DE COUSAS MÁIS.


XA SABEMOS OS CONTINENTES, E HAI UNHA CANCIÓN QUE NOS GUSTA MOITO. QUEREDES SABER CAL É?
CLICADE AQUÍ DEBAIXO E ESCOITADE!!

                

TAMÉN NOS ENCANTA DICIR OLA EN DIFERENTES IDIOMAS, ESTA CANCIÓN ENCANTANOS:

               

UÑAS DE CORES!

 ESTE MÉRCORES, NA SESIÓN DE VALORES, VIMOS UN CONTO MOI ESPECIAL TITULADO: VIVAN AS UÑAS DE CORES!


LOGO DE VELO E DE DEBATIR SOBRE O QUE OCORRÍA NO CONTO DECIDIMOS QUE ERA UNHA BOA IDEA PINTARNOS TODAS E TODAS (SÓ OS/AS QUE QUERÍAN CLARO) AS UÑAS DE CORES! CANTO NOS GUSTOU ESTE OBRADOIRO. 

ADEMAIS FOI MOI ESPECIAL PORQUE NOS XUNTAMOS AS DÚAS CLASES DE 4 ANOS E PASÁMOLO EN GRANDE. 

DEIXAMOS ALGUNHAS FOTIÑOS E TAMÉN O VIDEOCONTO POR SE VOS APETECE VOLVER A VELO NA CASA.

                  








martes, 7 de noviembre de 2023

PICA, PICA... PICASSO! EXCURSIÓN Ó CAFÉ MODERNO!

 HOXE FUMOS DE EXCURSIÓN Ó CAFÉ MODERNO A COÑECER UN POUQUIÑO MÁIS Ó PINTOR E ESCULTOR.....

PICASSO!!!

ENSINÁRONNOS AS SÚAS OBRAS E TIVEMOS QUE ATOPAR AS PARECIDAS CON TEMÁTICA DISNEY





TIVEMOS QUE BUSCARLLE AS RAIAS DA SÚA CAMISETA, 


APRENDIMOS SOBRE O CUBISMO E FIXEMOS OS NOSOS PROPIOS RETRATOS!!









PARA VER MOITAS MÁIS FOTOS PREMEDE AQUÍ DEBAIXO:










domingo, 5 de noviembre de 2023

CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO!

 POR FIN CHEGOU O 31 DE OUTUBRO! POR FIN CELEBRAMOS A FESTA DO SAMAÍN E TAMÉN A DO MAGOSTO!

COMEZAMOS O DÍA VENDO AS EXPOSICIÓN DE CABAZAS TERRORÍFICAS, XOGAMOS CON XOGOS DE SAMAÍN, MERENDAMOS AS NOSAS MERENDAS TERRORÍFCAS, SAÍMOS Ó PATIO A BAILAR A CANCIÓN DE PACO NOGUEIRAS "NO SAMAÍN" EN LSE TODO O COLE XUNTO E TAMÉN COMIMOS AS CASTAÑAS ASADAS. Á VOLTA, FIXÉMONOS FOTOS COAS NOSAS MÁSCARAS DE CABAZAS, QUE GUAPOS E GUAPAS ESTABAMOS!! PASÁMOLO EN GRANDE!

DURANTE TODA A SEMANA HOUBO MOITAS ACTIVIDADES DE SAMAÍN. VIÑÉRONNOS CONTAR UN CONTO DE SAMAÍN OS NENOS DE 5º DE PRIMARIA, FUMOS CAS PROFES LER CONTOS DE SAMAÍN NA BIBLIOTECA, TAMÉN HABÍA XOGOS TICS NA BIBLIO SOBRE O SAMAÍN, FIXEMOS UN MURAL DE TRASNOS, CANTAMOS CANCIÓNS, FIXEMOS AS MÁSCARAS DE CABAZAS... DECORAMOS A NOSA AULA... E MOITAS COUSAS MÁIS.

A VERDADE É UNHA FESTA QUE DESFRUTAMOS MOITO!

PINCHAR NA IMAXEN PARA VER O VÍDEO

                                                    TODAS AS FOTOS AQUÍ